Skip to main content

Edmund Husserl Índice Traxectoria | Pensamento | Repercusións | Véxase tamén | Menú de navegacióneWorldCat44300322XX87786011908089c1936712a1043608xcnp02033504ID426280033256118555006ITICCUCFIV062350000 0001 2130 2460n791060928258400444093jk010433253521560161179000059070068374348IDOL132405A168426207006w6gq73zv027421538Husserl-1

Filósofos da República ChecaNados en 1859Finados en 1938Nados na rexión de OlomoucProfesores da Universidade de Friburgo


ProssnitzImperio Austro-Húngaro8 de abril1859Friburgo26 de abril1938filósofoalemánxudíaasquenací1886VienaLeipzigBerlínFranz BrentanoCarl Stumpf19011916Universidade de FriburgoHeinrich RickertHeideggerLovainaFenomenoloxíafilosofíaRazónGrecia clásicacartesianaexistenciaPositivismoontolóxicoidealismoOntoloxíaTomismoPsicoloxíaM. SchelerÉticaExistencialismoHermenéutica












Edmund Husserl




Na Galipedia, a Wikipedia en galego.






Saltar ata a navegación
Saltar á procura






















Edmund Husserl

Edmund Husserl 1900.jpg
Edmund Husserl

Nome completoEdmund Gustav Albrecht Husserl
Nacemento
8 de abril de 1859
 Prostějov
Falecemento
26 de abril de 1938 (79 anos)
 Friburgo de Brisgovia - Freiburg im Breisgau
Nacionalidade
Alemaña e Austria
Relixióncristián e Luteranismo
Alma máter
Universidade de Viena e Universidade de Leipzig
Ocupación
matemático, filósofo e catedrático de universidade
IrmánsHeinrich Husserl
[ editar datos en Wikidata ]

Edmund Husserl, nado en Prossnitz (daquela pertencente ao Imperio Austro-Húngaro) o 8 de abril de 1859 e finado en Friburgo o 26 de abril de 1938, foi un filósofo alemán.




Índice





  • 1 Traxectoria


  • 2 Pensamento


  • 3 Repercusións


  • 4 Véxase tamén

    • 4.1 Bibliografía





Traxectoria |


De orixe xudía-asquenací, converteuse ó cristianismo no ano 1886. Estudou en Viena, Leipzig e Berlín. A súa preparación abarcou o campo das matemáticas, psicoloxía e filosofía. Entre os seus mestres son de destacar W. Wundt, célebre psicólogo, e os filósofos Franz Brentano e Carl Stumpf.


Entre 1887 e 1901 exerceu como profesor na Universidade de Halle. Como resultado da súa actividade intelectual nesta época aparece en 1900-1901 o libro Logische Untersuchungen (Investigacións lóxicas). A partir de 1901 é nomeado profesor na Universidade de Gotinga. Desta etapa son as obras Philosophie als Strenge Wissenschaf (A filosofía como ciencia rigorosa) (1911) e a emblemática Ideen zu einer reinen Phänomenologie und phänomenologischen Philosophie (Ideas relativas a unha fenomenoloxía pura e filosofía fenomenolóxica) (1913). En 1916 trasládase á Universidade de Friburgo onde ocupa a cátedra deixada polo neokantiano Heinrich Rickert. Nesta Universidade entra en contacto co mozo Heidegger, quen se converte no seu principal discípulo e colaborador. Permanecerá en Friburgo ata a súa xubilación en 1928, ano no que a proposta súa o substitúe Heidegger na cátedra.


Despois disto a actividade filosófica de Husserl non decae. Ademais de diversos seminario e conferencias por distintas cidades europeas, publica outras dúas obras de enorme importancia: Formale und transzendentale Logik (Lóxica formal e transcendental) (1929) e Cartesianische Meditationen (Meditacións cartesianas) (1931). Entre 1935 e 1937, ano da súa morte, Husserl asiste a un dos episodios máis tristes da súa vida intelectual, pois durante este período as autoridades nazis retíranlle a licenza para exercer calquera tipo de actividade na Universidade. Aínda así, en 1936 comezouse a publicar en Belgrado o libro Die Krisis der europäischen Wissenschaften und die transzendentale Phänomenologie (A crise das ciencias europeas e a fenomenoloxía transcendental), escrito de denuncia da decadencia moral e espiritual pola que atravesa Europa. Pero a obra escrita de Husserl non remata nas obras publicadas en vida, pois deixou numerosos escritos inéditos, conservados no Arquivo Husserl de Lovaina que, ademais de estar sendo estudiados na actualidade, aínda non foron publicados na súa totalidade.



Pensamento |


Husserl é o creador da Fenomenoloxía. Atendendo á súa etimoloxía esta expresión significa ciencia dos fenómenos. Con ela Husserl pretendía elaborar unha filosofía rigorosa de alcance universal capaz de propoñer uns principios sólidos nos que asentar a convivencia pacífica de toda a humanidade. Tales principios non poden derivarse das diferenzas subxectivas e culturais que separan a uns seres humanos doutros, senón da Razón. Esta última , xa desde a Grecia clásica, considerase unha facultade común a todos nós e que nos proporciona a condición específica de seres humanos. O obxectivo perseguido, polo tanto, consiste en fundar universalmente na Razón a vida humana. Con este fin tería xurdido a filosofía en Grecia, subministrándolle desde entón a Europa os seus sinais de identidade. Mais, como o proxecto europeo é un proxecto da Razón, en consecuencia, tamén coincidiría co proxecto da humanidade. De todas formas, Husserl cre que no seu tempo este proxecto está en perigo. De aí que vexa a súa como unha época de decadencia. Por iso, a fenomenoloxía xorde como un intento de reconducir a situación social e intelectual europea cara o que segundo Husserl debe ser o destino (telos) de Europa: unha cultura racional de alcance universal.


A filosofía fenomenolóxica pasa por dous momentos:



  • Fase crítica: desvelar a inconsistencia, irracionalidade e perigo de toda filosofía e práctica científica que conduza ó relativismo ou que non contemple a cientificidade dos asuntos de carácter ético-político. Desde esta perspectiva a Fenomonoloxía convertese fundamentalmente nunha crítica do Positivismo e do Psicoloxismo filosóficos.


  • Fase construtiva: elaborar unha nova filosofía desde fundamentos seguros capaces de dotar de unidade e sentido toda actividade humana de carácter teórico (ciencia) e práctico (ética). Desde o punto de vista construtivo a fenomenoloxía designa, por unha banda, un determinado obxecto de estudio (as esencias dos fenómenos) e, por outra, un método necesario para acadar esas esencias.

A parte metodolóxica é a contribución máis significativa e novidosa da fenomenoloxía. Consiste nunha técnica inspirada na dúbida cartesiana que pon en suspenso (epokhé / Einklammerung) a existencia do mundo así como toda crenza ou opinión recibida culturalmente. Deste xeito pódese describir o que se presente (fenómeno) á razón humana en absoluta ausencia de prexuízos. Coñécese co nome de método fenomenolóxico da redución. Con este método debería poderse, primeiro, fundar as diferentes ciencias empíricas e, segundo, dar cun principio primeiro unificador e garante de toda actividade humana científica e ética. O primeiro aspecto correspóndese coa fenomenoloxía entendida como ciencia das esencias. As ciencias empíricas refírense só a fenómenos da experiencia sensible (Positivismo), pero como en todo feito sensible hai unha esencia (eidos), só coñecendo esta pode fundarse solidamente o coñecemento empírico. O segundo aspecto, en cambio, orienta a fenomenoloxía cara unha ciencia da conciencia. Posto que toda esencia resulta coñecida por unha conciencia (é obxecto para unha conciencia que a pensa) hai que describir a estrutura desta para determinar como se configura aí unha relación fundamental e unitaria, principio de todas as esencias. Esta conciencia á que apunta o método fenomenolóxico é unha conciencia pura, isto é, unha estrutura transcendental independente de toda actividade consciente humana concreta. Husserl denomínaa subxectividade transcendental. Segundo Husserl a propiedade esencial desta conciencia é a intencionalidade. Isto quere dicir que a conciencia é sempre "conciencia de algo", isto é, posúe unitariamente un cáracter bipolar. Por exemplo, en toda percepción hai, ademais do acto de percibir, o percibido. Ós actos da conciencia en xeral (referidos ó suxeito) chámalles noesis, e ós contidos deses actos (referidos ó obxecto) noema. A través dunha serie de complexos e especializados análises da conciencia Husserl desemboca no concepto de intersubxectividade: o recoñecemento da existencia de diversas conciencias todas elas co mesmo rango ontolóxico.


Obviando esta noción de intersubxectividade a filosofía husserliana da conciencia foi catalogada por moitos como unha recaída outra vez no idealismo. Talvez para eludir esta interpretación, segundo Husserl errónea, no escrito A crise da ciencias europeas introduce unha nova caracterización da fenomenoloxía como ciencia do mundo da vida. De acordo con esta nova orientación a toda conciencia, campo propio da fenomenoloxía, acompáñalle sempre como un presuposto certo a conciencia do mundo, configurándose nesa unidade a totalidade da vida intencional da conciencia.



Repercusións |


En torno a Husserl formouse un numeroso e notable núcleo de discípulos. Case todos abandonaron a dirección inmanentista da filosofía da conciencia e trataron de desenvolver a fenomenoloxía das esencias aplicando o método fenomenolóxico a moi diversos campos da filosofía. Como é imposible mencionalos todos sinalar tan só algúns destes pensadores: A. Reinach, M. Geiger, J. Hering, R. Ingarden, H. Conrad-Martius e M. Heidegger (Ontoloxía); E. Stein ( Tomismo); A. Pfänder, Th. Conrad, D. Katz, P. F. Linke e M. Beck (Psicoloxía); K. Stavenhagen, F. Kaufmann e E. Levinas (Filosofía da relixión); M. Scheler e D. von Hildebrand (Ética). Destes os máis célebres e influentes foron, sen lugar a dúbidas, Max Scheler e Martin Heidegger. A través do último a fenomenoloxía actuou, moi ó pesar de Husserl, como solo no que enraizaron dúas das grandes correntes filosóficas do século XX: Existencialismo e Hermenéutica.



Véxase tamén |



Bibliografía |


  • A.Reinach; Was ist Phänomenologie, Munich, 1951

  • J. Xirau; La filosofía de Husserl. Una introducción a la fenomenología, Buenos Aires, 1941

  • I.G.Romero; Husserl y la crisis de la razón, Madrid, 1986




Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Edmund_Husserl&oldid=4963846"










Menú de navegación


























(window.RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgPageParseReport":"limitreport":"cputime":"1.548","walltime":"2.162","ppvisitednodes":"value":2705,"limit":1000000,"ppgeneratednodes":"value":0,"limit":1500000,"postexpandincludesize":"value":19911,"limit":2097152,"templateargumentsize":"value":338,"limit":2097152,"expansiondepth":"value":11,"limit":40,"expensivefunctioncount":"value":27,"limit":500,"unstrip-depth":"value":0,"limit":20,"unstrip-size":"value":0,"limit":5000000,"entityaccesscount":"value":28,"limit":400,"timingprofile":["100.00% 2098.672 1 -total"," 51.05% 1071.389 1 Modelo:Control_de_autoridades"," 48.94% 1027.063 1 Modelo:Biografía"," 48.51% 1017.990 1 Modelo:Infobox"," 44.02% 923.841 24 Modelo:Propiedade"," 2.18% 45.757 1 Modelo:Se_é_muller"," 0.42% 8.855 1 Modelo:Título_sen_retrouso"],"scribunto":"limitreport-timeusage":"value":"1.409","limit":"10.000","limitreport-memusage":"value":7292211,"limit":52428800,"cachereport":"origin":"mw1242","timestamp":"20190424160917","ttl":2592000,"transientcontent":false);mw.config.set("wgBackendResponseTime":140,"wgHostname":"mw1272"););

Popular posts from this blog

Bruad Bilen | Luke uk diar | NawigatsjuunCommonskategorii: BruadCommonskategorii: RunstükenWikiquote: Bruad

What is the offset in a seaplane's hull?

Slayer Innehåll Historia | Stil, komposition och lyrik | Bandets betydelse och framgångar | Sidoprojekt och samarbeten | Kontroverser | Medlemmar | Utmärkelser och nomineringar | Turnéer och festivaler | Diskografi | Referenser | Externa länkar | Navigeringsmenywww.slayer.net”Metal Massacre vol. 1””Metal Massacre vol. 3””Metal Massacre Volume III””Show No Mercy””Haunting the Chapel””Live Undead””Hell Awaits””Reign in Blood””Reign in Blood””Gold & Platinum – Reign in Blood””Golden Gods Awards Winners”originalet”Kerrang! Hall Of Fame””Slayer Looks Back On 37-Year Career In New Video Series: Part Two””South of Heaven””Gold & Platinum – South of Heaven””Seasons in the Abyss””Gold & Platinum - Seasons in the Abyss””Divine Intervention””Divine Intervention - Release group by Slayer””Gold & Platinum - Divine Intervention””Live Intrusion””Undisputed Attitude””Abolish Government/Superficial Love””Release “Slatanic Slaughter: A Tribute to Slayer” by Various Artists””Diabolus in Musica””Soundtrack to the Apocalypse””God Hates Us All””Systematic - Relationships””War at the Warfield””Gold & Platinum - War at the Warfield””Soundtrack to the Apocalypse””Gold & Platinum - Still Reigning””Metallica, Slayer, Iron Mauden Among Winners At Metal Hammer Awards””Eternal Pyre””Eternal Pyre - Slayer release group””Eternal Pyre””Metal Storm Awards 2006””Kerrang! Hall Of Fame””Slayer Wins 'Best Metal' Grammy Award””Slayer Guitarist Jeff Hanneman Dies””Bullet-For My Valentine booed at Metal Hammer Golden Gods Awards””Unholy Aliance””The End Of Slayer?””Slayer: We Could Thrash Out Two More Albums If We're Fast Enough...””'The Unholy Alliance: Chapter III' UK Dates Added”originalet”Megadeth And Slayer To Co-Headline 'Canadian Carnage' Trek”originalet”World Painted Blood””Release “World Painted Blood” by Slayer””Metallica Heading To Cinemas””Slayer, Megadeth To Join Forces For 'European Carnage' Tour - Dec. 18, 2010”originalet”Slayer's Hanneman Contracts Acute Infection; Band To Bring In Guest Guitarist””Cannibal Corpse's Pat O'Brien Will Step In As Slayer's Guest Guitarist”originalet”Slayer’s Jeff Hanneman Dead at 49””Dave Lombardo Says He Made Only $67,000 In 2011 While Touring With Slayer””Slayer: We Do Not Agree With Dave Lombardo's Substance Or Timeline Of Events””Slayer Welcomes Drummer Paul Bostaph Back To The Fold””Slayer Hope to Unveil Never-Before-Heard Jeff Hanneman Material on Next Album””Slayer Debut New Song 'Implode' During Surprise Golden Gods Appearance””Release group Repentless by Slayer””Repentless - Slayer - Credits””Slayer””Metal Storm Awards 2015””Slayer - to release comic book "Repentless #1"””Slayer To Release 'Repentless' 6.66" Vinyl Box Set””BREAKING NEWS: Slayer Announce Farewell Tour””Slayer Recruit Lamb of God, Anthrax, Behemoth + Testament for Final Tour””Slayer lägger ner efter 37 år””Slayer Announces Second North American Leg Of 'Final' Tour””Final World Tour””Slayer Announces Final European Tour With Lamb of God, Anthrax And Obituary””Slayer To Tour Europe With Lamb of God, Anthrax And Obituary””Slayer To Play 'Last French Show Ever' At Next Year's Hellfst””Slayer's Final World Tour Will Extend Into 2019””Death Angel's Rob Cavestany On Slayer's 'Farewell' Tour: 'Some Of Us Could See This Coming'””Testament Has No Plans To Retire Anytime Soon, Says Chuck Billy””Anthrax's Scott Ian On Slayer's 'Farewell' Tour Plans: 'I Was Surprised And I Wasn't Surprised'””Slayer””Slayer's Morbid Schlock””Review/Rock; For Slayer, the Mania Is the Message””Slayer - Biography””Slayer - Reign In Blood”originalet”Dave Lombardo””An exclusive oral history of Slayer”originalet”Exclusive! Interview With Slayer Guitarist Jeff Hanneman”originalet”Thinking Out Loud: Slayer's Kerry King on hair metal, Satan and being polite””Slayer Lyrics””Slayer - Biography””Most influential artists for extreme metal music””Slayer - Reign in Blood””Slayer guitarist Jeff Hanneman dies aged 49””Slatanic Slaughter: A Tribute to Slayer””Gateway to Hell: A Tribute to Slayer””Covered In Blood””Slayer: The Origins of Thrash in San Francisco, CA.””Why They Rule - #6 Slayer”originalet”Guitar World's 100 Greatest Heavy Metal Guitarists Of All Time”originalet”The fans have spoken: Slayer comes out on top in readers' polls”originalet”Tribute to Jeff Hanneman (1964-2013)””Lamb Of God Frontman: We Sound Like A Slayer Rip-Off””BEHEMOTH Frontman Pays Tribute To SLAYER's JEFF HANNEMAN””Slayer, Hatebreed Doing Double Duty On This Year's Ozzfest””System of a Down””Lacuna Coil’s Andrea Ferro Talks Influences, Skateboarding, Band Origins + More””Slayer - Reign in Blood””Into The Lungs of Hell””Slayer rules - en utställning om fans””Slayer and Their Fans Slashed Through a No-Holds-Barred Night at Gas Monkey””Home””Slayer””Gold & Platinum - The Big 4 Live from Sofia, Bulgaria””Exclusive! Interview With Slayer Guitarist Kerry King””2008-02-23: Wiltern, Los Angeles, CA, USA””Slayer's Kerry King To Perform With Megadeth Tonight! - Oct. 21, 2010”originalet”Dave Lombardo - Biography”Slayer Case DismissedArkiveradUltimate Classic Rock: Slayer guitarist Jeff Hanneman dead at 49.”Slayer: "We could never do any thing like Some Kind Of Monster..."””Cannibal Corpse'S Pat O'Brien Will Step In As Slayer'S Guest Guitarist | The Official Slayer Site”originalet”Slayer Wins 'Best Metal' Grammy Award””Slayer Guitarist Jeff Hanneman Dies””Kerrang! Awards 2006 Blog: Kerrang! Hall Of Fame””Kerrang! Awards 2013: Kerrang! Legend”originalet”Metallica, Slayer, Iron Maien Among Winners At Metal Hammer Awards””Metal Hammer Golden Gods Awards””Bullet For My Valentine Booed At Metal Hammer Golden Gods Awards””Metal Storm Awards 2006””Metal Storm Awards 2015””Slayer's Concert History””Slayer - Relationships””Slayer - Releases”Slayers officiella webbplatsSlayer på MusicBrainzOfficiell webbplatsSlayerSlayerr1373445760000 0001 1540 47353068615-5086262726cb13906545x(data)6033143kn20030215029